Herminio González Cobelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHerminio González Cobelo
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Xinzo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Herminio González Cobelo,[1] nado en Ponteareas cara 1895 e finado en Xinzo o 31 de outubro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Industrial. Militante do PSOE, foi nomeado conceleiro de Ponteareas en 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera.[2] Dende 1928 rexentou o comercio Casa Agraria.[3] Na República foi elixiso concelleiro de Pontearease en 1931. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, e foi liberado a principios de 1935.[4] Coa vitoria do Frente Popular foi restituido como concelleiro e foi nomeado primeiro síndico.[5] Foi o último presidente da Casa do Pobo de Ponteareas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nunha propiedade da familia na parroquia de Cristiñade, pero ao decatarse de que as patrullas paramilitares resultaban perigosas fuxiu ao monte. Os falanxistas torturaron o seu irmán e encarceraron a súa muller para tratar de capturalo. Pasou a Portugal, pero foi capturado e entregado ás patrullas falanxistas de Ponteareas, que o torturaron en Tui e despois o asasinaron. O seu cadáver apareceu no Pinal do Foxo na parroquia de Xinzo. Fóronlle incautados os bens á súa familia e incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Trigo Méndez en abril de 1922.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como Herminio González Covelo
  2. El Tea, 4-2-1924, p. 3.
  3. El Tea, 3-4-1928, p. 3.
  4. El Tea, 4-1-1935, p. 2.
  5. El Tea, 14-3-1936, p. 1.
  6. BOE, 19-7-1941, p. 2862.
  7. El Tea, 13-5-1922, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rodriguez Gallardo, Ángel (2006). O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939. Sada: Do Castro. 
  • Rodriguez Gallardo, Ángel (2007). Memoria e silencio na Galicia contemporánea. Alén Miño. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]