Ero Fernández
Ero Fernández | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Falecemento | 926 |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Fillos | Aldara de Celanova |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Ero Fernández, Ero Fernandes ou Ero Fernandez de Lugo, nado contra o 845 e finado contra o 926, foi un aristócrata galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña a súa residencia principal en Lugo, onde era conde, pero non conde de Lugo.[1]. Era fillo de Fernando Rodrigues de Monterroso e Guntina. Fundou o mosteiro de San Salvador de Asma en Chantada e o tamén mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares. Casou con Adosinda e tivo a seguinte descendencia:
- Ermesenda Eriz.
- Tareixa Eriz, que casou con Gonzalo Betotiz.
- Ilduara Eriz, máis coñecida como Aldara de Celanova ou Santa Ilduara.
- Godo Eriz.
- Gundesisndo Eriz
- Gugina Eriz.