Henry Bergh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenry Bergh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1811 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte12 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , escritor Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bergh-1017 Find a Grave: 3319 Editar o valor em Wikidata

Henry Bergh, nado en Nova York o 29 de agosto de 1813 e finado ibídem o 12 de marzo de 1888, foi un empresario e filántropo estadounidense que destacou na loita contra os tratos crueis, ás veces impostos aos animais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mr. Bergh to the rescue, caricatura de charge, feita por Thomas Nast e publicada no Harper's Weekly o 19 de agosto de 1871. Representa un gorila que se queixa de que Charles Darwin afirmou ser o seu descendente, o que provocou que Henry Bergh, fundador da ASPCA, acuse a Darwin de maltrato animal.

Formación[editar | editar a fonte]

Fllo dun destacado construtor naval, asistiu á Universidade de Columbia e traballou co seu pai na industria do transporte marítimo.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1863 foi nomeado para un posto diplomático na corte rusa do tsar Alexandre II. Nese momento, comezou o seu traballo para esclarecer a inhumanidade do home no trato cos animais.

En Londres coñeceu a Royal Society of England for the Prevention of Cruelty to Animals, creada en 1824 e a primeira entidade deste tipo no mundo.[1]

Animado polo éxito da súa "Declaración dos Dereitos dos Animais", Bergh propuxo á Lexislatura do Estado de Nova York recoñecer á Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade contra os Animais (ASPCA) que tivo lugar o 10 de abril de 1866. Nove días despois, aprobouse unha lei contra a crueldade e a ASPCA recibiu o poder policial para aplicala.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Até 1888, ano da morte de Bergh, a idea de que os animais debían ser protexidos da crueldade tocara as conciencias estadounidenses. En todo o país xurdiron sociedades cos mesmos obxectivos, seguindo o exemplo de Nova York, como en Buffalo, Boston e San Francisco. Durante os próximos anos, 37 estados da unión promulgaran leis contra a crueldade.[2]

Foi enterrado no cemiterio de Green-Wood.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.