Henri van Schaik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenri van Schaik
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1899 Editar o valor em Wikidata
Delft, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Vermont, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxinete Editar o valor em Wikidata
DeporteHipódromo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1936Xogos Olímpicos de 1936 Editar o valor em Wikidata

Henri Louis Marie van Schaik, nado en Delft o 24 de xullo de 1899 e finado en Cavendish ( Estados Unidos ) o 19 de agosto de 1991, foi un xinete, instrutor de equitación e militar neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era primo do ministro Josef van Schaik. Estudou dereito e filosofía na Universidade de Leiden e en París e Viena. En 1930 logrou o doutoramento en filosofía do dereito en Leiden. Van Schaik era tenente ne reserva da cabalería. O 5 de agosto de 1935 casou con W.D. Mattison, filla dun avogado norteamericano [1]. Van Schaik participou na competición de salto coa selección neerlandesa nos Xogos Olímpicos de 1936 e xunto con Jan de Bruine e Johan Greter gañou a medalla de prata co seu cabalo Santa Bell, ademais ndividualmente acabou no vixésimo terceiro posto.

Ao comezo da segunda guerra mundial exerceu como capitán asistente no 5º rexemento de húsares. Foi membro da fascista Fronte Nacional, e dende febreiro de 1941 o seu líder en Zuid-Holland [2] ata a prohibición dos partidos, agás o nazi NSB, polas autoridades alemás de ocupación en decembro de 1941. En 1953[3][4] emigrou coa súa familia aos Estados Unidos e estableceu en Vermont unha academia de equitación. Publicou en 1986 o libro Misconceptions and Simple Truths in Dressage[5].

Notas[editar | editar a fonte]