Hempel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 55°47′33.25″N 12°31′39.3″L / 55.7925694, -12.527583

Hempel AS
Hempel Logo.jpg
TipoSociedade Anónima
Fundaciónxullo de 1915
MatrizGrupo Hempel
LocalizaciónCopenhague, Dinamarca Dinamarca
FundadorJørgen Christian Hempel
Persoas claveKlaus Møller
IndustriaQuímica
ProdutosPintura Naval e industrial
Beneficio916 milóns de euros (2008)[1]
Beneficio operativo89 millóns de euros
Beneficio neto57 millóns de euros
Número de empregados5.000[2]
Na rede
http://www.hempel.com
editar datos en Wikidata ]

Hempel é unha empresa dinamarquesa de pinturas mariñas fundada en 1915. Foi a primeira empresa que vedeu a mesma cor cada vez que se mercaban os seus produtos.

Historia[editar | editar a fonte]

A empresa Hempel’s Marine Paints foi fundada en 1915 por Jørgen Christian Hempel por entón con 21 anos de idade como distribuidor de pintura en Dinamarca. Daquela as mesturas da pintura facíaas cun vello muíño de café e o produto era distribuído pola costa de Copenhague. En 1917, traballou co Instituto Tecnolóxico Danés (DTI) para facer o primeiro revestimento antiincrustante do mundo para os cascos dos buques. Ata entón os cascos de madeira eran forrados de chapas de chumbo ou cobre. Hempel é hoxe a empresa líder mundial en pintura antiincrustante mariña[3]. En 1948 creouse a fundación Hempel para continuar cos obxectivos da empresa e actual propietaria.

Hempel opera en 80 países e ten 21 fábricas, 47 oficinas técnicas e 150 distribuidores. A empresa ten tres centros de investigación con laboratorios en Singapur, Dinamarca e España.

Hempel en España[editar | editar a fonte]

Hempel empezou a vender en España en 1917. En 1929 participou na exposición internacional de Barcelona. Abriu a súa fábrica en España en 1964 na localidade catalá de Polinyà onde traballan 198 persoas. Ten unha capacidade de produción de 16.000 toneladas[4] e unha superficie de 31.000 metros cadrados.

Dende 1980 en Polinyà ten Hempel un laboratorio de I+D[5].

A empresa ten certificacións:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. HEMPEL AMPLÍA SU CENTRO DE I+D EN ESPAÑA
  2. Acerca de Hempel
  3. "Historia de Hempel". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 
  4. "Pinturas Hempel, s.a.u.". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 
  5. "Hempel amplía su centro de I+D". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]