Hemimorfita
Hemimorfita | |
---|---|
Fórmula química | Zn4Si2O7(OH)2·H2O |
Clase | Sorosilicato |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Branca, azul ou verdosa |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 5 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidal |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,45 g/cm³ |
A hemimorfita, tamén chamada calamina, é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo sorosilicatos. Calamina é un sinónimo, aínda que este propiamente é o nome que usaban os mineiros para designar á mestura que aparecía frecuentemente de hemimorfita, smithsonita e hidrocincita na parte alta das minas de cinc.
Un hidroxisilicato de cinc hidratado, con aspecto de cristais alongados dispostos en costras radiadas, normalmente brancas, mais é frecuente en costras masivas de tonalidades verde ou azul intenso.
Foi denominado hemimorfita debido ao desenvolvemento hemimórfico dos seus cristais. Esta infrecuente forma de cristalización provoca que os cristais rematen en caras desiguais.
Ambiente de formación
[editar | editar a fonte]Áchase formando vetas e leitos en rochas calcarias estratificadas, na zona de oxidación de sulfuros de cinc e de chumbo, asociada á smithsonita, cerusita, anglesita, galena e esfalerita.
Localización e extracción
[editar | editar a fonte]Encóntrase en minas de Chihuahua (México), Bélxica, Austria, Gran Bretaña, Alxeria e Estados Unidos. En España é frecuente encontrar hemimorfita na conca mineira do cinc de Asturias e Cantabria. En xeral abunda en todos os depósitos de cinc, chumbo e prata do mundo.
Industrialmente extráese nas minas como mena do cinc, sendo de gran rendemento económica a súa explotación pois contén máis dun 54% de cinc.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemimorfita |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., ISBN 0-471-80580-7
- Boni, M., Gilg, H.A., Aversa, G., e Balassone, G., 2003, The "Calamine" of southwest Sardinia: Geology, mineralogy, and stable isotope geochemistry of supergene Zn mineralization: Economic Geology, v. 98, p. 731-748.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mindat (en inglés)
- Sitio web con datos da hemimorfita (en inglés)
- Galería de imaxes de minerais Arquivado 21 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)