Hedroso, Zamora
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Concello | Lubián | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.100 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49574 | |||
Hedroso é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1] Atópase na bisbarra de Seabra, e dentro dela na subcomarca das Portelas. É, polo tanto, unha das poucas localidades galegofalantes de Zamora.[2]
Está situado nunha zona de terreo enfesto con vexetación frondosa, constituída principalmente por castiñeiro e nogueiras. As súas edificacións contan coa típica arquitectura popular seabresa, entre as que salienta a igrexa parroquial.[3]
O seu xentilicio é hedrosao[4].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lubián". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ "Lubián segundo O Norte de Castela". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 22. Consultado o 22 de xullo de 2021.