O grupo naceu en 1977 cando un grupo de amigos amantes da música tradicional comezaron a xuntarse a cantar e interpretar cancións de grupos como Nuestro Pequeño Mundo, Nuevo Mester de Juglaría, Oskorri, Jarcha, La Bullonera, etc... grupos que foron referentes para "Hato de Foces". Non foi até o ano 1981, despois dun exitoso concerto, que o o seu traballo se converte en regular. A partir dese intre, o grupo adícase a difundir a música tradicional aragonesa, tanto vocal como instrumental, buscando nos cancioneiros ou recollendo cancións por tradición oral. Deste xeito, recuperaron cancións populares en risco de esquecemento, recuperando tamén instrumentos como a gaita de boto aragonesa.
Hato de Foces toma o seu nome dun lugar de Semontano no que os pastores, ó facerse noite, se gorecen coas súas ovellas. O disco Hato de Foces (1999) dedicáronllo a Rafael Andolz. O grupo deixou os escenarios o 8 de agosto de 2011, despois de máis de 35 anos de traballo e 550 concertos.