Haris Silajdžić
Haris Silajdžić, nado o 1 de outubro de 1945, é un político e académico bosníaco, que foi elixido en 2006 como membro bosníaco da Presidencia de Bosnia e Hercegovina para un período de catro anos.
Tamén ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros en dúas ocasións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi Ministro de Asuntos Exteriores de 1990 a 1993 e Presidente do Consello de Ministros de 1993 a 1996 e de 1997 a 2000.
Nas eleccións que houbo o 1 de outubro de 2006 foi elixido como membro bosníaco da presidencia de Bosnia e Hercegovina para os seguintes catro anos, nos cales, a presidencia vai rotando. Xa o intentara presentándose no 2002, onde foi vencido por Sulejman Tihić, que á súa vez foi vencido por Silajdžić no 2006. Ocupou a Presidencia do "triunvirato" do 7 de marzo ao 6 de novembro de 2008 e do 6 de marzo ao 10 de novembro de 2010.