Hans Krahe
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de febreiro de 1898 Gelsenkirchen |
| Morte | 25 de xuño de 1965 Tubinga |
| Chair of Comparative Philology at the University of Würzburg (en) | |
| 1946 – 1947 | |
| Chair of Comparative Philology at the University of Würzburg (en) | |
| 1934 – 1946 | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Lingüística |
| Lugar de traballo | Heidelberg Tubinga |
| Ocupación | lingüista, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Tubinga Universidade de Würzburg Universidade de Heidelberg |
| Membro de | |
| Interesado en | Onomástica |
| Alumnos | Jürgen Untermann |
| Obra | |
| Doutorando | Jürgen Untermann |
| Arquivos en | |
Hans Krahe, nado en Gelsenkirchen (Alemaña) o 7 de febreiro de 1898 e finado en Tubinga o 25 de xuño de 1965, foi un filólogo e lingüista alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor na Universidade de Würzburg desde 1936 ata 1946, onde fundou en 1942 o Archiv für die Gewässernamen Deutschlands (Arquivo de topónimos das correntes alemás), a base das súas investigacións xeográficas e lingüísticas conducentes á reconstrución teórica dun idioma protoeuropeo; posteriormente estivo vinculado á Universidade de Heidelberg ata 1950; de alí trasladouse á Universidade de Tubinga, onde foi profesor de lingüística eslávica comparada e director dos seminarios indolóxicos e eslávicos, ata a súa morte.
O arquivo de topónimos iniciou tardiamente a súa publicación en 1962 como a serie Hydronymia Germaniae; en 1966 foi trasladado á Universidade de Gotinga por P. W Schmid, e en 1985, en colaboración coa Academia de Ciencias de Polonia, continuou a súa publicación como a serie Hydronymia Europaea.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Die alten Balkanillyrischen geographischen Namen. Heidelberg, 1925
- Die Sprache der Illyrier. 1: Die Quellen. VIII, 120 pp, 1955. ISBN 3-447-00534-3
2: Die messapischen Inschriften und ihre Chronologie von Carlo de Simone.
Die messapischen Personennamen von Jürgen Untermann. VIII, 229 pp, 130 táboas, ISBN 3-447-00535-1 Harrassowitz Verlag, Wiesbaden, 1964. - Unsere ältesten Flußnamen. 123 pp, 2 táboas, ISBN 3-447-00536-X Harrassowitz Verlag, Wiesbaden, 1964.
- Germanische Sprachwissenschaft. Wortbildungslehre. Sammlung Göschen Bd.2234 (Wolfgang Meid, editor). 270 pp. ISBN 3-11-006290-9 Wissenschaftsverlag Walter de Gruyter, Berlín, 1969.
