Hannibal é unha serie de terror psicolóxico e suspense desenvolvida por Bryan Fuller para a canle NBC. A serie está baseada nas personaxes e elementos que aparecen nas novelas de Thomas HarrisRed Dragon e Hannibal, que se centran na relación entre o investigador especial do FBI Will Graham (Hugh Dancy) e Hannibal Lecter (Mads Mikkelsen), un psiquiatra forense destinado a ser o meirande inimigo de Graham.
A serie tivo 13 episodios na súa primeira tempada, e ó contrario que moitas das series estadounidenses, as seguintes tempadas tamén terían 13 episodios. O produtor executivo David Slade dirixiu o primeiro episodio. A serie comezou a emitirse a través da NBC o 4 de abril de 2013.[1] O 9 de maio de 2014, NBC renovou Hannibal para a súa terceira tempada,[2] que se emitiu o 4 de xuño de 2015.
O 22 de xuño de 2015, a NBC cancelou Hannibal despois de tres tempadas por mor da baixa audiencia.[3] O final da serie emitiuse no Canadá a través da canle City o 27 de agosto de 2015, e dous días despois emitiuse nos Estados Unidos a través da NBC.
A serie recibiu a aclamación da crítica, que salientaron as interpretación dos actores principais e o estilo visial da serie.[4][5] As primeiras dúas tempadas gañaron os Premios Saturn como mellor serie de televisión e como mellores actores a Mikkelsen e Dancy respectively. Laurence Fishburne gañou o Premio Saturn como mellor actor secundario pola tempada dúas.