Saltar ao contido

Haika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haika
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Data de fundación2000
Data de disolución2001
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Haika (do éuscaro levantarse, porse en pé) foi unha organización xuvenil socialista abertzale de Euskal Herria, que comprende os territorios de Euskadi, Navarra e Iparralde. Foi ilegalizada no Estado español, mais non no francés. Fundouse en 2000, trala fusión de Jarrai, que actuaba en Euskadi e Navarra, con Gazteriak, en Iparralde. Ambas organizacións asumían un papel referencial na mocidade abertzale de Euskal Herria, cunha militancia fortemente cohesionada. Pola súa parte, Gazteriak socializárase politicamente á marxe das diferenzas históricas do movemento abertzale.[1]

En 2001, o xuíz Baltasar Garzón considerou a organización como canteira de militantes de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e parte da estrutura da mesma, polo que foi ilegalizada. A súa continuadora foi Segi, tamén ilegalizada en España e non en Francia.

O 19 de xaneiro de 2007, o Tribunal Supremo declarouna "organización terrorista vinculada a ETA". Corrixía así a sentenza da Audiencia Nacional de xuño de 2005, que considerara a organización como «asociación ilícita».[2]

O 4 de febreiro de 2007 entregáronse á Ertzaintza 18 dos 19 membros de Jarrai, Haika e Segi fuxidos da xustiza desde a declaración do Tribunal Supremo. Sucedeu despois dun acto no Frontón da Esperanza de Bilbao.[3]

==Véxase tamén

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]