Hagakure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hagakure (literalmente agochado trala follaxe) é un libro xaponés escrito entre os anos 1710 e 1717 composto por pensamentos filosóficos que reflicten a moral dos samurai. Unha moral guerreira baseada na honra, a disciplina, a afouteza, a lealdade ao señor e a entrega da propia vida. Foi escrito por un vello Samurai retirado do mundo chamado Iamamoto Tsunemoto e estivo gardado en segredo polo clan dos Nabashima, para os que era un manual de instrución moral, ata a súa publicación en 1906.

descubrín que a vía do samurai reside na morte