Hadiboh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 12°39′N 54°01′L / 12.650, -54.017

Hadiboh (en árabe حاديبو tamén transcrito Hadibu, Hadibuh e Hudaybu, e tamén denominada Tamrida) é a capital administrativa da illa de Socotra e do seu arquipélago, que pertencen a Iemen. Ten 8,545 habitantes (census 2004).

Descrición[editar | editar a fonte]

Está situada na costa norte da illa, sobre o litoral do Océano Índico, ao pé da montaña Jabal al-Jabir.

A cidade experimentou un espectacular crecemento nos anos últimos, pasando de ter uns 2.000 habitantes a mediados do século XX aos cerca de 9.000 que se lle calculan actualmente. Nas proximidades conta cun aeródromo. O seu pequeno porto marítimo só é utilizábel a metade do ano.

Durante o século XIX e a primeira metade do século XX residía con frecuencia na cidade o sultàn mahra de Kishn e Socotra, que subsistíu como soberano protexido polos británicos até o ano 1967. No exilio seguiu reivindicando os seus dereitos.