Hospital Universitario Lucus Augusti
Aparencia
(Redirección desde «HULA»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lucus Augusti.
Hospital Universitario Lucus Augusti | |
---|---|
Cartel na porta do hospital HULA | |
Coordenadas | 43°01′13″N 7°32′07″O / 43.02023, -7.53532Coordenadas: 43°01′13″N 7°32′07″O / 43.02023, -7.53532 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Hospital Universitario Lucus Augusti tamén coñecido polas súas siglas como HULA é un centro asitencial do Sergas da cidade de Lugo situado en San Cibrao, preto da A-6.
Historia
[editar | editar a fonte]Proxectado en 1998 e cunha data prevista de inuguración de 2002 o hospital foi inaugurado en 2010 cun custe superior aos 220 millóns de euros.[1] Ten unha superficie de 166.000m2, ten 869 camas, 19 quirófanos e un heliporto.
O edificio foi construído por San José e Dragados, é unha edificación moderna e funcional cun máximo de seis andares, máis sotos para servizos e maquinaria baixo as cubertas. O exterior está cuberto de lousa e madeira. Unha galería de máis de 600 metros, non accesa aos doentes, comunica todo o hospital dun extremo a outro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Rotonda de acceso ao HULA
-
Acceso de persoal
-
Zona técnica HULA
-
Mámoa de San Cibrao no monte xunto ao HULA
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pena, Silvia (22 de novembro de 2010). "El Hospital Lucus Augusti abre sus puertas tras 12 años de gestación". elmundo.es (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020.