Frisch Auf Göppingen
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Frisch Auf Göppingen | |||
---|---|---|---|
![]() Escudo do equipo masculino de balonmán | |||
Nome completo | FRISCH AUF! Göppingen Management & Marketing GmbH | ||
Cidade | Göppingen, ![]() | ||
Fundado | 1993 | ||
Pavillón | EWS Arena (5.600) | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Competición | Handball-Bundesliga Copa EHF | ||
Títulos | |||
Champions League | 2 (1960, 1962) | ||
Copa EHF | 2 (2011, 2012) | ||
Handball-Bundesliga | 9 (1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1965, 1970, 1972) | ||
Cores | Verde e branco | ||
Na rede | |||
http://www.frischauf-gp.de | |||
Sitio web Sitio web oficial |
O TPSG Frisch Auf Göppingen ou simplemente FRISCH AUF! Göppingen é un equipo de balonmán da cidade de Göppingen, Alemaña. Actualmente compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán, competición que gañou en nove ocasións (terceiro equipo con máis títulos), catro delas consecutivas, aínda que seis destes nove títulos foron conseguidos entre 1954 e 1961, e o seu último título de liga data de 1972.
Conseguiron fama cando Bernhard Kempa e os seus irmáns se trasladaron de Silesia a Göppingen en 1948 e comezaron a xogar no club. Primeiro como xogador e logo como adestrador, levou ao club a conseguir moitos títulos.[1]
A nivel internacional, o equipo alemán gañou a Copa de Europa en dúas ocasións (1960 e 1962), e perdendo a final de 1959 fronte ao Redbergslids IK sueco. Máis recentemente, o equipo venceu na Copa EHF 2011 e 2012.
Nos anos '90 disputou a 2. Handball-Bundesliga (segunda categoría), retornando á elite no 2001.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Títulos internacionais[editar | editar a fonte]
- 2 Copas de Europa: 1960 e 1962
- 2 Copas EHF: 2011 e 2012
Títulos nacionais[editar | editar a fonte]
- 9 Handball-Bundesliga: 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1965, 1970 e 1972
Cadro da tempada 2015-2016[editar | editar a fonte]


Nº | NOME | IDADE | ESTATURA | NACIONALIDADE | POSICIÓN |
---|---|---|---|---|---|
2 | Michael Kraus | 32 | 1,87 | ![]() |
Central |
4 | Tim Kneule | 29 | 1,90 | ![]() |
Central |
6 | Jona Schoch | 21 | 1,92 | ![]() |
Central |
9 | Manuel Späth ![]() |
30 | 2,00 | ![]() |
Pivote |
10 | Alix Kévynn Nyokas | 29 | 1,92 | ![]() |
Lateral dereito |
12 | Felix Lobedank | 31 | 1,96 | ![]() |
Lateral dereito |
13 | Niklas Barund | 27 | 1,96 | ![]() |
Pivote |
15 | Žarko Šešum | 29 | 1,95 | ![]() |
Lateral esquerdo |
16 | Primož Prošt | 31 | 1,86 | ![]() |
Porteiro |
17 | Daniel Fontaine | 26 | 1,94 | ![]() |
Lateral esquerdo |
18 | Lars Kaufmann | 33 | 1,99 | ![]() |
Lateral esquerdo |
20 | Thomas Kristensen | 25 | 1,97 | ![]() |
Extremo dereiro |
21 | Andreas Berg | 23 | 1,90 | ![]() |
Extremo esquerdo |
23 | Bastian Rutschmann | 33 | 1,95 | ![]() |
Porteiro |
24 | Marcel Schiller | 24 | 1,89 | ![]() |
Extremo esquerdo |
26 | Daniel Rebmann | 21 | 1,90 | ![]() |
Porteiro |
27 | Marco Rentschler | 21 | 1,85 | ![]() |
Extremo dereito |
30 | Anton Halén | 25 | 1,92 | ![]() |
Extremo dereito |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 04 de abril de 2011.