HK Orange 20
| HK Orange 20 | |
|---|---|
| Fundación | 2007 |
| Cidade | |
| Estadio | Zimný štadión Ondreja Nepelu (10.000 espectadores) |
| Liga | Extraliga Eslovaca 1. liga |
| Director | |
| Adestrador | |
| Cores | Laranxa, branco e negroo |
| Na rede | |
| http://hkorange20.tipsportextraliga.sk | |
O HK Orange 20 é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava, Eslovaquia. Actualmente está integrado por xogadores sub-20 e compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco. Xoga os seus partidos como local no Zimný štadión Ondreja Nepelu, un pavillón con capacidade para 10.000 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Debido ao decepcionante papel do equipo nacional júnior no Campionato do Mundo, decidiuse que a partir da tempada 2007-08, a selección eslovaca U20 xogará na Extraliga. Isto débese en parte tamén ao nerviosismo xerado logo de que a selección U18 descendera e a U20 estivera a piques de facelo. Os xogadores máis novos dos equipos da liga foron recolocados no equipo, cunha cantidade notable de xogadores procedentes do HK Dukla Trenčín e do HC Slovan Bratislava.
O equipo só xoga partidos os venres e domingos. Tamén está excluído da última semana de competición antes do descanso de inverno para que o equipo poida prepararse para o Campionato do Mundo U20 da IIHF.
| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
