Saltar ao contido

Güiana Esequiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGüiana Esequiba
Guayana Esequiba (es) Editar o valor en Wikidata

EpónimoGüiana e Rio Essequibo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°18′N 59°42′O / 6.3, -59.7
Territorio reivindicado porVenezuela Editar o valor en Wikidata
EstadoGüiana
Territorio disputadoBarima-Waini Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación128.000 (2012) Editar o valor en Wikidata (0,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie159.542 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Port of Spain Protocol (en) Traducir
3 de outubro de 1899Paris Arbitral Award (en) Traducir
17 de febreiro de 1966Acordo de Genebra (Guiana-Venezuela) (pt) Traducir
3 de decembro de 2023Referendo consultivo venezuelano de 2023 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar güianés Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A Güiana Esequiba, tamén coñecida como Territorio do Esequibo, é o nome dunha parte do escudo Güianés comprendida entre o oeste do río Esequibo até o cumio do monte Roraima.

Unha rexión en litixio

[editar | editar a fonte]
Mapa de Güiana, mostrando o río Esequibo e, en sombreado escuro, a súa conca. Venezuela reclama o territorio até a ribeira occidental do río. A reclamación histórica do Reino Unido incluía toda a conca do río.

A Güiana Esequiba limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co Brasil, ao leste co río Esequibo e ao oeste cos estados venezolanos de Delta Amacuro e Bolívar.

Ten unha extensión de 159 542 km²,[1] que a República Cooperativa de Güiana administra como propio, pero cuxa soberanía é reclamada por Venezuela baseándose no Acordo de Xenebra do 17 de febreiro de 1966.

A súa poboación, en 2010, era de 283.000 habitantes.[2] [3]

Soamente a parte oriental da illa fluvial de Anacoco, no río Cuiuní se encontra baixo a soberanía de Venezuela, pero é protestada por Güiana. Para Venezuela a totalidade da illa está fóra da área en litixio,[4]

División política de Venezuela.

Güiana non o entende así para a metade oriental e, en consecuencia, sostén que foi por un acto de anexión do exército venezolano cando en 1966 a ocupou militarmente.[5]

Venezuela reclama o territorio como propio e, nos seus mapas oficiais, a zona adoita aparecer raiada oblicuamente ou coa lenda Zona en Reclamación, Suxeita ao Acordo de Xenebra de 17 de febreiro de 1966.[6]

O territorio é reclamado como parte integrante da xurisdición dos estados Bolívar,[7] e Delta Amacuro.[8]

A disputa entre a Gran Bretaña e Venezuela

[editar | editar a fonte]

En 1835, baixo os auspicios da Royal Geographical Society, o explorador e naturalista de orixe alemá Robert Hermann Schomburgk realizou unha exploración botánica e xeográfica da Güiana Británica. Dela resultou un esquema do territorio no que unha liña delimitaba o que el cría que era o límite occidental reclamado polos holandeses. Como resultado disto, foi comisionado en 1840 polo goberno británico para estudar os límites da Güiana. Este exame deu lugar ao que se coñece como a "liña Schomburgk".[9][10]

* Fronteira reclamada pola Gran Bretaña
* Límite actual, e
* Fronteira reclamada por Venezuela.

O bosquexo inicial de Schomburgk, que fora publicado en 1840, foi a única versión da "liña Schomburgk" até 1886, cando Grover Cleveland, presidente dos Estados Unidos, afirmou que a liña fora trazada "dunha maneira misteriosa".[9] A liña foi moito máis alá da zona de ocupación británica e ll deu á Güiana Británica o control da desembocadura do río Orinoco.[11]

Segundo Schomburgk, o bosquexo non contiña toda a zona que Gran Bretaña podería reclamar lexitimamente. Venezuela protestou de que Schomburgk colocara os marcos da fronteira no río Orinoco e, en 1844, reclamou o territorio da Güiana situado ao oeste do río Esequibo. Tamén en 1844, foi ignorada unha proposta británica a Venezuela para modificar a fronteira para dar o control total de Venezuela da desembocadura do río Orinoco e o territorio adxacente. En 1850 Gran Bretaña e Venezuela alcanzaron un acordo polo que aceptaron non colonizar o territorio en disputa, aínda que os venezolanos non se estableceron neste territorio.[9]

A disputa non volveu a mencionarse até 1876, cando se estableceron na zona persoas de fala inglesa nas minas de ouro na conca do río Cuiuní, que era territorio venezolano máis alá da liña Schomburgk, pero que estaba dentro da zona que, segundo Schomburgk, a Gran Bretaña podería reclamar. En 1876, Venezuela reiterou a súa reclamación até o río Esequibo, ao que os británicos responderon cunha contrademanda incluíndo toda a conca do Cuiuní, aínda que isto foi unha reclamación no papel, que os británicos nunca perseguiron.[9]

O 21 de febreiro de 1881, Venezuela propuxo unha liña de fronteira que partía dun punto unha milla ao norte do río Moruca, seguindo desde alí cara ao oeste e o sur o meridiano 60 º oeste, o que concedería a Venezuela o distrito Barima.[Cómpre referencia]

En outubro de 1886 a Gran Bretaña declarou a liña de Schomburgk como fronteira provisional da Güiana Británica, e en febreiro de 1887 Venezuela rompeu as relacións diplomáticas co Reino Unido. En 1894 Venezuela pediulle aos Estados Unidos que interviñesen, alegando a doutrina Monroe como xustificación. Pero os Estados Unidos non quixeron involucrarse, e só suxeriron a posibilidade dunha arbitraxe.[9]

Organización territorial

[editar | editar a fonte]

En Güiana

[editar | editar a fonte]

Güiana, oficialmente Co-operative Republic of Guyana, estableceu a inclusión do Territorio Esequibo dentro dos seus límites na Constitución de 1980, reformada en 1996, que di que:

O territorio do Estado abarca as áreas que inmediatamente despois do comezo desta Constitución foron comprometidas na área de Güiana xunto con outras áreas que puideran ser declaradas como parte do territorio do Estado por Lei do Parlamento.[12]

Estas áreas son as que conformaban a colonia da Güiana Británica, antes da súa independencia, para a cal a Gran Bretaña recoñeceu como límite occidente o río Esequibo, cartografado politicamente ao seu favor en 1938.

Mapa de Güiana que mostra as rexións 1 (Barima-Waini), 2 (Cuyuni-Mazaruni), 7 (Pomeroon-Supenaam), 8 (Potaro-Siparuni), 10 (Alto Takutu-Alto Esequibo) e a zona occidental da 5 (Illas Esequibo-Demerara Occidental) en reclamación).

Segundo a división administrativa de Güiana, a Güiana Esequiba abarcaría a totalidade das rexións de Barima-Waini, Cuyuni-Mazaruni, Pomeroon-Supenaam, Potaro-Siparuni, Alto Takutu-Alto Esequibo e a parte occidental da rexión de Illas Esequibo-Demerara Occidental.

Rexións de Güiana Reclamadas por Venezuela
como parte da Güiana Esequiba
Número Nome da Rexión Superficie
(km²)
Poboación
estimada
(2010)
Rexión 1 Barima-Waini 20 339 33 000
Rexión 2 Pomeroon-Supenaam 6 195 55 000
Rexión 7 Cuyuni-Mazaruni 47 213 25 000
Rexión 8 Potaro-Siparuni 20 051 16 000
Rexión 10 Alto Takutu-Alto Esequibo 57 750 24 000
Rexión 5 * Illas Esequibo-Demerara Occidental 3 755 130 000

* Os datos da 5ª rexión inclúen a parte non Esequiba, que non é reclamada por Venezuela.

En Venezuela

[editar | editar a fonte]
Cantón Upata (1840) da Provincia de Güiana, hoxe parte oriental do Estado Bolívar.
Cantón Piacoa (1840), hoxe no Estado Delta Amacuro.

Segundo a lexislación venezolana a Güiana Esequiba é parte integrante da xurisdición dos estados Bolívar[7] e Delta Amacuro[8] cuxo límite común vai pola cúspide da Serranía de Imataca.

O estado Bolívar, na súa constitución, establece o seguinte:

Artigo 15º O territorio e demais espazos xeográficos do Estado Bolívar son os que historicamente correspondían á Provincia de Güiana da Capitanía Xeneral de Venezuela, antes da transformación política iniciada o 19 de abril de 1810, logo delimitada conforme á Lei Político Territorial da República de 28 de abril de 1856, coas modificacións que resultaron das leis da República, dos convenios e demais actos xurídicos validamente celebrados conforme á Constitución de Venezuela de 1999, ás leis nacionais e do Estado. En todos os actos do Estado, en que se describa ou se refira ao seu territorio, entenderase incorporada, aínda cando non o estivera expresamente, a reserva de que o Laudo Arbitral de París de 1899, é írrito e nulo, segundo os principios do dereito e a xustiza que rexen a comunidade internacional e contribúen a afirmar a integridade territorial. O Estado Bolívar colaborará e apoiará á República Bolivariana de Venezuela no logro dunha solución satisfactoria para o arranxo práctico da controversia territorial, con base no Acordo de Xenebra de 17 de febreiro de 1966.

Pola súa parte, o territorio orixinal do que hoxe en día é o estado Delta Amacuro abarca desde o delta do Orinoco até o río Esequibo. O sitio web da gobernación deste estado sinala o seguinte sobre a súa territorialidade:

Cando se creou o Territorio Federal Delta Amacuro, tiña unha superficie de 63.667 km², tendo na actualidade 40.200 km². A diferenza entre estas dúas superficies perdeuna o Delta Amacuro con motivo do Laudo Arbitral de París asinado o 3 de outubro de 1899, por medio do cal lle foron arrebatados 23.467 km² do seu territorio pola Güiana Inglesa.

Historicamente en Venezuela foi directamente o poder central (goberno e demais organismos do Estado venezolano) o encargado do tratamento do caso da Güiana Esequiba deixando ás gobernacións e alcaldías locais moi pouca participación e poder de acción. Dáselle un tratamento especial e diferenciado ao das xurisdicións destes dous estados nacionais, os cales non adoitan incluír nos seus mapas a súa porción territorial dentro da Güiana Esequiba, aínda que nos mapas nacionais do país si é obrigatoria a inclusión da zona en reclamación. Quizais sexa esta realidade o que a algúns levou a pensar de forma errónea que a Güiana Esequiba é un novo estado ou territorio federal venezolano.[13]

No ano 1999 ao decretarse a nova carta magna de Venezuela conságrase como territorio venezolano, no artigo 10 da Constitución da República Bolivariana de Venezuela:[14]

O territorio e demais espazos xeográficos da República son os que correspondían á Capitanía Xeneral de Venezuela antes da transformación política iniciada o 19 de abril de 1810, coas modificacións resultantes dos tratados e laudos arbitrais non viciados de nulidade.

Galería de mapas

[editar | editar a fonte]
  1. "Efemérides venezolanas - Problemas limítrofes de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2012. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  2. Bureau of Statistics - Guyana Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Chapter III: Population Redistribution and Internal Migration.
  3. Guyana - Government Information Agency Arquivado 14 de agosto de 2007 en Wayback Machine., National Profile.
  4. Los derechos venezolanos de soberanía en el Esequibo[Ligazón morta], p. 111. M.R.E. Arquivado 07 de decembro de 1998 en Wayback Machine., Venezuela. Consultada o 26 de abril de 2015.
  5. The Ankoko Incursion
  6. Mapa oficial de Venezuela editado polo Instituto Geográfico de Venezuela Simón Bolívar
  7. 7,0 7,1 "Artículos 15 y 16 de la Constitución del Estado Bolívar.". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  8. 8,0 8,1 "Territorio original de Delta Amacuro desde 1884.". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Robert Arthur Humphreys (1967): "Anglo-American Rivalries and the Venezuela Crisis of 1895", Presidential Address to the Royal Historical Society 10 December 1966, Transactions of the Royal Historical Society, 17: 131-164.
  10. "THE BEGINNING OF THE GUYANA-VENEZUELA BORDER DISPUTE". guyana.org. 2009. 
  11. King, Willard L. (2007): Melville Weston Fuller - Chief Justice of the United States 1888-1910, Macmillan. p. 249
  12. O texto constitucional en idioma inglés, oficial de Güiana, di textualmente: "The territory of the State comprises the areas that immediately before the commencement of this Constitution were comprised in the area of Guyana together with such other areas as may be declared by Act of Parliament to form part of the territory of the State".
  13. "MAS pide intervención del Gobierno en caso del Esequivo". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de abril de 2015. 
  14. Constitución de 1999 Arquivado 09 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Gaceta Oficial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • LaFeber, Walter (1961): "The Background of Cleveland's Venezuelan Policy: A Reinterpretation." American Historical Review 66: 947–967.
  • Schoult, Lars (1998): A History of U.S. Policy Toward Latin America Cambridge: Harvard University Press.
  • Gil Fortoul, José (1954): Historia Constitucional de Venezuela. Caracas: Ministerio de Educación. 3 volumes.
  • Siso Martínez, J. M. (1956): Historia de Venezuela. Editorial Yokoima. Venezuela – México
  • Aguado, Pedro (1987): Recopilación Historial de Venezuela. Caracas: Biblioteca de la Academia Nacional de Historia. 2 volumes.
  • Hernández Caballero, Serafín, ed. (1998): Gran Enciclopedia de Venezuela. Caracas: Editorial Globe. 10 volumes. ISBN 980-6427-00-9 ISBN 980-6427-10-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]