Saltar ao contido

Gwenddoleu ap Ceidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gwenddolau»)
Modelo:BiografíaGwenddoleu ap Ceidio
Biografía
Nacemento520 Editar o valor en Wikidata
Morte573 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCarwinley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCeidiaw mab Arthwys Editar o valor en Wikidata
IrmánsNudd ap Ceidiaw Editar o valor en Wikidata

Gwenddoleu ap Ceidio, finado contra o ano 573, foi un rei britano que reinou en Arfderydd (hoxe Arthuret). Isto está no que hoxe é o suroeste da Escocia e noroeste da Inglaterra na zona do muro de Hadrián e Carlisle durante o período posromano de Britania. Pénsase que Carwinley preto de Longtown ao norte de Carlisle representa Caer Wenddolau ou Forte de Gwenddolau.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As xenealoxías fan del un descendente de Coel Hen, quen se cre que gobernou moito do que hoxe é o sur da Escocia e os Borders seguindo a retirada romana da illa de Britania, na zona coñecida como Hen Ogledd. Gwenddoleu foi probabelmente o herdeiro dun dos moitos estados sucesores do reino de Coel Hen, foi un usurpador que pretendía descender del para lexitimar o dereito da súa familia sobre a rexión.

Coñécese ben pouco do seu reinado, pero rematou cando, como o describen os Annales Cambriae, os fillos de Eliffer, Peredur e Gwrgi, os dous reis de Efrog, o mataron na Batalla de Arfderydd en 573. É posíbel que o sucedese algún dos seus irmáns. Esta foi unha das moitas batallas nas que se enfrontaron os reis britanos que gobernaban os varios estados fracturados que ocuparon a provincia romana de Britania cando os romanos se retiraron dela.

Malia que Gwenddoleu non desempeñou papel ningún na lenda artúrica, o seu conselleiro Myrddin formaba parte da base das posteriores lendas sobre o mago Merlín. Cóntase que Myrddin toleou pola pena debido á morte de Gwenddoleu e que fuxiu cara ao bosque de Caledonia. A memoria de ámbolos dous, Gwenddoleu e Myrddin, foi preservada na literatura galesa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mike Ashley, The Mammoth Book of British Kings and Queens.
  • Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydein (University of Wales Press, new ed. 1991).