Gwasg y Dref Wen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gwasg y Dref Wen
Tipoeditorial
PaísReino Unido
editar datos en Wikidata ]

Gwasg y Dref Wen é unha empresa editorial galesa con sede en Cardiff, fundada por Roger Boore en 1969 é unha das principais editoriais de literatura infantil en lingua galesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O nome da editorial fai referencia a Y Dref Wen, un englynion recollido no Canu Heledd. Ata 2014 a editorial publicou uns 500 títulos[1] en lingua galesa e inglesa, principalmente de literatura infantil, tanto orixinais como adaptacións e traducións; algúns dos seus libros aparecen en edicións bilingües. Nas décadas de 1970 e 1980 publicou traducións das aventuras de Astérix. Ademais de libros infantís tamén edita material educativo como as series "Welsh History Stories" ou "Cyfres o'r Dechrau i'r Diwedd". A partir de mediados da década do 2000 deulle pulo á edición para adultos, salientando na publicación de autobiografías, como a do actor Huw Ceredig ou a cantante Heather Jones.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha de Gwasg y Dref Wen no Consello Galés dos Libros". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]