Canu Heledd
Aparencia
Canu Heledd é unha escolma de englynion galeses de entre os séculos IX e X.
Características
[editar | editar a fonte]A que canta nos poemas é Heledd, filla de Cynddylan, rei dunha parte de Powys no século VII. Cynddylan morreu nunha batalla contra os saxóns, e a súa corte ficou baleira. E Heledd seguiuno na súa pena:
- stauell gyndylan ys tywyll heno,
- heb dan, heb wely.
- wylaf wers; tawaf wedy.
- A corte de Cynddylan está escura esta noite,
- sen lume, sen leito,
- vou chorar un anaco, estarei en silencio despois.
Fai mención tamén de dúas aguias, a aguia Eli e a aguia Pengwern, que se alimentaban cos corpos dos mortos:
- eryr penngwern pengarn llwyt [heno]
- aruchel y adaf,
- eidic am gic a garaf.
- A aguia de Penngwern, de grises poutas,
- agudo é o seu berro
- devece pola carne que amo.
Esta escolma publicouna Ifor Williams en 1935. A novelista Rhiannon Davies-Jones escribiu unha novela sobre a historia de Cynddylan, Heledd e Pengwern chamada Eryr Pengwern.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ifor Williams (ed.) Canu Llywarch Hen: gyda rhagymadrodd a nodiadau (Caerdydd: Gwasg Prifysgol Cymru, 1935)