Gustave Guillaume
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de decembro de 1883 París |
| Morte | 3 de febreiro de 1960 París |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Actividade | |
| Ocupación | lingüista |
| Premios | |
| |
Gustave Guillaume, nado en París o 16 de decembro de 1883 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1960, foi un lingüista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autodidacta, foi descuberto en 1909 por Antoine Meillet, quen o animou a procurar novas vías dentro da lingüística. A principal contribución de Guillaume foi a elaboración da teoría do psicosistema, máis coñecida como guillaumismo e considerada unha disciplina precursora da psicolingüística. Tamén foi coñecida como psicomecánica e é talvez a teoría lingüística francesa con máis vocación de internacionalidade.
Obra
[editar | editar a fonte]Publicou libros sobre ciencia da linguaxe' e morfosintaxe. A súa obra con maior repercusión:
- Temps et verbe. Théorie des aspects, des modes et des temps (Tempo e verbo, teoría dos aspectos, os modos e os tempos, 1929).