Guitarra portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerda, guitarra de Coímbra, dereita, guitarra de Lisboa.
António Chainho tocando unha guitarra portuguesa

A guitarra portuguesa é un instrumento musical de orixe incerta. Algúns apuntan que é un cruzamento do cistro renacentista e o laúde árabe. Outros apuntan que é un cruzamento da bandurra española co cistr inglés, chamado guitarra inglesa en Portugal.

Historia[editar | editar a fonte]

Gonçalo Paredes e Flávio Rodrigues, entre outros, foron os compositores máis respectados dentro do estilo tradicional. Posteriormente Artur Paredes xurdiu cunha interpretación persoal do instrumento beneficiando a súa acústica de diversas formas.

Traballando cunha familia de construtores Paredes trouxo o instrumento á era actual.

Carlos Paredes, fillo de Artur Paredes, creou novas melodías e converteu a guitarra portuguesa nun instrumento de concerto, tocando con músicos de jazz, como Charlie Haden, entre outros. Simultaneamente, en Coímbra, António Brojo e António Portugal desenvolveron tanto a guitarra portuguesa como o Fado de Coímbra, superando limitacións de antano.

Destaca tamén o papel fundamental de Pedro Caldeira Cabral na divulgación da guitarra portuguesa a varios niveis, especialmente na compilación e publicación de "A Guitarra Portuguesa", e nos arranxos e interpretación de repertorio erudito para a guitarra portuguesa.

Guitarristas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]