Guillermo Cedrón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Guillermo Cedrón Gómez, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Home de negocios na Habana, onde foi fundador e primeiro secretario da asociación Ferrol y su Comarca en 1909[1] e da que foi presidente en 1911[2]. Retornou a Galicia en 1917 establecéndose na Coruña[3]. Foi viaxante de comercio e exerceu como mestre. Vinculado ás Irmandades da Fala, participou na I Asemblea Nacionalista. Militou no PCE e organizou e presidiu o raio comunista de Ferrol. Foi delegado na Federación comarcal da UGT de Ferrol[4]. Conferenciante habitual no Ateneo Ferrolano. Foi candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 10 de outubro[5]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado nunha causa militar en Ferrol e posto a disposición gobernativa. Morreu en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".
Obras
[editar | editar a fonte]- El Comunismo y el proletariado español, 1931.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 8-9-1909, p. 1.
- ↑ El Tea, 6-5-1911, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, p. 3.
- ↑ El Correo Gallego, 20-1-1932, p. 4.
- ↑ El Correo Gallego, 11-10-1934, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 105. ISBN 978-84-8485-079-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guillermo Cedrón na páxina web Nomes e Voces.