Guido Fanconi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuido Fanconi

Fanconi en 1959.
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1892
Poschiavo, Suíza Suíza
Morte10 de outubro de 1979 (87 anos)
Poschiavo, Suíza Suíza
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPediatra
EmpregadorUniversidade de Zúric Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHans Fuchs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Guido Fanconi, nado o 1 de xaneiro de 1892 en Poschiavo e finado o 10 de outubro de 1979, foi un pediatra suízo considera como un dos fundadores da pediatría moderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos de educación secundaria en Zürich. En 1911 comezou a súa formación en medicina en Lausana e en 1920 entrou no Kinderspital (Hospital para nenos) da Universidade de Zúric, onde estivo traballando durante 45 anos, agás por un ano. Fanconi recoñeceu a importancia da bioquímica na medicina clínica. En 1929 sucedeu a Emil Feer como profesor de pediatría e director do hospital. Baixo a súa dirección converteuse nun dos hospitais para nenos de máis renome do mundo.

Existen varias doenzas que levan o nome do doutor Fanconi. En 1927 relacionou a panmielopatía hereditaria cunha baixa estatura e a hiperpigmentación, máis coñecida como anemia de Fanconi. En 1934 os primeiros casos de fibrose quística no páncreas foron descritos nunha tese baixo a súa dirección.

En 1941 houbo unha gran epidemia de poliomielite en Suíza. Fanconi analizou a epidemioloxía e descubriu que o virus non se transmitía polos fluídos, como se cría anteriormente, senón que tiña relación coa vía gastrointestinal como febre tifoide. A súa comprensión da fisiopatoloxía levou a estebelecer relacións que culminaron na súa predición de que a síndrome de Down debíase a unha anormalidade dos cromosomas, vinte anos antes de que se descubrise a trisomía 21.

En 1945 fundou un xornal de pediatría chamado Helvetica Paediatrica Acta, que acadou sona internacional. En 1965 retirouse da dirección de pediatría, mais continuou exercendo até a súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Stephan Lobitz, Eunike Velleuer, Essay: Guido Fanconi (1892–1979): a jack of all trades. en Nat Rev Cancer., vol. 6, nº 11, novembro de 2006, pp. 893–8, PMID 17036037.