Guerra civil irlandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michael Collins, como delegado nas conversas do Tratado Anglo-Irlandés de Londres de 1921.

A guerra civil irlandesa (irlandés: Cogadh Cathartha na hÉireann) foi un conflito entre os partidarios e os opoñentes do Tratado Anglo-Irlandés do 6 de decembro de 1921, que establecía o Estado Libre de Irlanda, precursor da actual República de Irlanda. Os opoñentes do tratado obxectaban o feito de que se mantivesen lazos constitucionais entre o Reino Unido e a Irlanda e que os seis condados de Irlanda do Norte non foran incluídos no Estado Libre. A Guerra Civil cobrou máis vidas que a guerra de Independencia que a precedera, e deixou a sociedade irlandesa profundamente dividida. A súa influencia na política irlandesa aínda é evidente hoxe en día.