Saltar ao contido

Guccio Gucci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuccio Gucci

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1881 Editar o valor en Wikidata
Florencia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, Estilista, modisto Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAldo Gucci, Maurizio D'Ancora Editar o valor en Wikidata
ParentesMaurizio Gucci, fillo do fillo
Paolo Gucci, fillo do fillo
Patricia Gucci, son's daughter
Alexandra Gucci Zarini, bisneta
Patrizia Gucci, bisneta Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Gucci-3 Find a Grave: 230219005 Editar o valor en Wikidata

Guccio Gucci, nado en Florencia o 26 de marzo de 1881 e finado en Milán o 2 de xaneiro de 1953, foi un prestixioso deseñador de moda italiano, fundador da firma de moda Gucci.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1906 fundou Gucci, a cal comeza sendo unha talabartaría en Florencia. Por razóns descoñecidas, Guccio mudouse a París e máis tarde a Londres, onde traballou como Maitre no Hotel Savoy. En 1920 regresou a Italia, e nese mesmo ano abriu en Florencia a primeira tenda cun pequeno capital en Florencia.

O éxito inicial de Guccio debeuse á calidade artesá das súas peles. Durante os primeiros anos a súa clientela orixinal consistía de xinetes ós cales lles vendía accesorios de coiro. A medida que a clientela se volveu máis sofisticada, o mesmo lle ocorreu ós seus produtos. Introduciuse tamén na venda de equipaxes de luxo, converténdose no equivalente á firma Louis Vuitton en Francia.

Os seus catro fillos (Aldo, Ugo, Vasco e Rodolfo) encargaranse de expandir a firma e abrir novas tendas en Florencia, Roma e Milán.[1] O recoñecido dobre G de Gucci foi introducido ó mercado por primeira vez despois da segunda guerra mundial. Despois da segunda guerra mundial, a firma foi nomeada Guccio Gucci srl, conservando o mesmo nome ata a morte de Guccio en 1953. En 1982 mudou o nome por Guccio Gucci spA.

Faleceu en 1953, ano no que os seus fillos Aldo e Rodolfo abriron a primeira tenda Gucci no estranxeiro, na cidade de Nova York.

  1. "Gucci". Vogue (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]