Guérewol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vídeo dun cortexo guérewol.
Participantes da danza guérewol. O gañador final foi o mozo alto do medio. Fotografado en 1997 en Níxer.
Unha moza doncela xulga os homes que compiten nun guérewol en 1997.

O guérewol, tamén escrito como guerewol ou gerewol, é un ritual de cortexo que se realiza anualmente entre os fula wodaabe de Níxer. Neste ritual, os mozos vístense cunha elaborada ornamentación e maquíllanse coa pintura facial tradicional. Reúnense en filas para bailar e cantar, disputando a atención das mozas casables. O guérewol ocorre cada ano cando os pastores de gando wodaabe, tradicionalmente nómades, se reúnen no bordo sur do Sáhara antes de dispersarse cara ao sur nos seus pastos da estación seca.

O punto de reunión máis famoso é In-Gall no noroeste de Níxer, onde teñen lugar un gran festival, mercado e unha serie de reunións de clans tanto para os wodaabe como para os pastores tuaregs. O evento de baile real chámase Yaake, mentres que outros elementos menos famosos, como os trocos de dote, competicións ou carreiras de camelos entre pretendentes, compoñen o guérewol dunha semana.[1] O Guérewol celébrase onde se reúnen os wodaabe: dende Niamey, a outros lugares os wodaabe viaxan no seu ciclo de transhumancia, tan lonxe como o norte do Camerún e Nixeria.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Niger's dandy Gerewol festival. Iain Gately. The Times, 4 de xullo de 2004
  2. Niger: Wodaabé wannabes. Richard Barltrop. The Telegraph (Londres). 22 de febreiro de 2001

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]