Gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

O gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022 é un gromo de hepatite aguda grave de causa descoñecida que afecta a nenos e adolescentes. Os primeiros casos da doenza foron descritos no Reino Unido entre abril e marzo de 2022, e o primeiro paciente reportado á Organización Mundial da Saúde foi o 5 de abril dese mesmo ano.
Causas
[editar | editar a fonte]Non existe evidencia da causa específica da doenza, aínda que parece existir bastante consenso en que se trata dunha enfermidade vírica.
Existen diferentes hipóteses sobre a causa desta hepatite: os adenovirus, o virus SARS-CoV-2, a vacina da COVID-19 ou unha coinfección de ambos virus.
Diagnóstico
[editar | editar a fonte]Non existe un diagnóstico de confirmación, xa que non se ten identificado ao axente causante. A Organización Panamericana da Saúde estableceu uns criterios probables para determinar o diagnóstico da hepatite aguda grave en nenos de orixe descoñecida[1]:
- Unha neno ou adolescente até 16 anos que presenta os síntomas e signos típicos dunha hepatite aguda na que se descartaron as hepatites virais mais habituais: A, B, C, D e E.
- Uns valores de aspartamo transaminasa (AST) ou alanina transaminasa (ALT) superior a 500UI/l.
- Que o diagnóstico so produce desde o 1 de outubro de 2021.
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Tratamento
[editar | editar a fonte]Dado que non se coñece con exactitude a etioloxía da hepatite, non existe un tratamento específico para ela.
As medidas terapéuticas abranguen medidas de soporte e dos síntomas: tratamento da dor, da ictericia e prevención do fallo hepático e da síndrome hepatorrenal. Recoméndase dieta baixa en graxas, pois o fígado é quen metaboliza estes compoñentes. O fígado é tamén o encargado de producir diferentes substancias que interveñen na coagulación, polo que pode ser preciso tamén administrar medicamentos como a vitamina K ou o plasma fresco conxelado.
En casos graves pode ser necesario o transplante hepático.
Prognóstico
[editar | editar a fonte]A hepatite aguda grave de orixe descoñecida en nenos é unha hepatite que pode resultar desde leve a fulminante. A mortalidade aproximada do 2%, mentres que un 5% requiriu un transplante hepático. A OMS reportou uns 1010 casos probables e 22 falecementos[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hepatitis aguda de etiología desconocida en niños: Orientaciones provisionales para los laboratorios.". Pan American Health Organisation PAHO (2022). Consultado o 25 de agosto de 2022.
- ↑ "Severe acute hepatitis of unknown aetiology in children - Multi-country". Organización Mundial da Saúde. Consultado o 25 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Reportes do gromo por parte da Organización Mundial da Saúde.