Grimes
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Claire Elise Boucher 17 de marzo de 1988 Vancouver (Canadá) |
| Outros nomes | Grimes |
| Educación | Universidade McGill |
| Actividade | |
| Ocupación | música, directora de vídeos musicais, compositora de cancións, produtor, pintora, produtora musical, realizadora, blogueira, cantante, compositora, directora de cinema |
| Período | Século XXI |
| Período de actividade | 2007 |
| Xénero artístico | Electrónica, arte pop, synth pop, indie pop, música experimental, Dream pop, música ambiente e R&B contemporáneo |
| Tesitura | Soprano |
| Instrumento | Teclado e voz |
| Selo discográfico | 4AD Arbutus Records |
| Familia | |
| Parella | Anyma (2024–) Elon Musk (2018–2021) |
| Fillos | Exash Musk ( Exa Musk ( Tau Musk ( |
| Pais | Maurice Boucher |
| Premios | |
| |
Claire Elise Boucher, nada o 17 de marzo de 1988, e mellor coñecida polo seu nome artístico Grimes, é unha artista, músico, e directora de videoclips canadense. Procedente de Vancouver, Grimes comezou a gravar música experimental mentres asistía á McGill University en Montréal, onde se involucrou na escena musical underground electrónica e industrial.
No ano 2010 publicou o seu álbum de estrea, Geidi Primes, a través do selo Arbutus Records, ao que lle seguiu Halfaxa nese mesmo ano. A finais do 2011 anunciou que asinara un contrato con 4AD, que se asociou con Arbutus Records para lanzar o seu terceiro álbum, Visions (2012). Visions foi aclamado pola crítica e The New York Times falou del como "un dos álbums máis impresionantes dese ano ata a data".
Os críticos e xornalistas destacaron a música de Grimes pola súa atípica combinación de elementos vocais, ademais dun amplo espectro de influencias, que van dende a música industrial e elecrónica ata o pop, hip hop, R&B, noise rock e incluso a música medieval.
No ano 2013 foi premiada co Webby Award á Artista do ano. Ese mesmo ano Grimes gañou o premio Juno ao álbum de electrónica do ano.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Geidi Primes | 2010 | Arbutus Records |
| Halfaxa | 2010 | Arbutus Records |
| Visions | 2012 | Arbutus Records, 4AD |
| Art Angels | 2015 | 4AD, Eerie Organization, Roc Nation |
| Miss Anthropocene | 2020 | 4AD |