Gran Buraco Azul
Aparencia
| (en) Great blue hole | ||||
| Tipo | buraco azul (pt) monumento natural | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Barreira de Coral de Belize | |||
| Situado na entidade xeográfica | Barreira de Coral de Belize | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Distrito de Belice, Belize | |||
| Localización | Recife do Farol (pt) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Profundidade | 124 m | |||
| Superficie | Patrimonio da Humanidade: 7,06 ha | |||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 1996 (20ª Sesión) | |||
| Identificador | 764-002 | |||
| Monumento natural | ||||
| IUCN categoría III: Monumento Natural | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
O Gran Buraco Azul (en inglés: Great Blue Hole) é un xigantesco buraco mariño da costa de Belize. Atópase preto do centro do arrecife Lighthouse, un pequeno atol a 70 km do continente e de Cidade de Belize. O buraco ten unha forma circular, de 318 m de diámetro e 124 m de profundidade.[1] Formouse durante diversos episodios da glaciación cuaternaria cando o nivel do mar era moito menor. As análises das estalactitas atopadas no Gran Buraco Azil amosan que a formación produciuse en varias fases, hai 153 000, 66 000, 60 000 e 15 000 anos. Cando o nivel dos océanos subiu de novo, a cova quedou completamente inundada.[2] O Gran Buraco Azul forma parte da rede de reservas da barreira de coral de Belize, Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Great Blue Hole of Lighthouse Reef Atoll, Belize, Central America: Deep Technical Diving to Collect Sea-Level Records. Transactions of the Fifteenth Caribbean Geological Conference.
- ↑ "Belize Blue Hole reef". NASA.
- ↑ "World Heritage Nomination – IUCN Summary Belize Barrier Reef Reserve System (Belize)" (PDF). IUCN/WCMC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
