Gramática Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Gramática Universal é unha teoría lingüística da escola transformacional e xenerativa que afirma que subxacen determinados principios comúns a tódalas linguas naturais. Nesta teoría dise que estes principios son innatos dentro da nosa condición humana.

Esta teoría non afirma que tódalas linguas naturais teñan a mesma gramática, ou que tódolos humanos estean "programados" cunha estrutura que subxace baixo tódalas expresións de linguas humanas. Senón que afirma que hai unha serie de regras que axudan aos nenos a adquirir a súa lingua materna.

Quen estuda a gramática universal ten o propósito de conseguir abstraer xeneralizacións comúns a diversos idiomas, a miúdo da seguinte forma: "Se X é certo, entón E ocorre". Este estudo estendeuse a numerosas disciplinas lingüísticas, tales como a fonoloxía e a Psicolingüística.

Tres lingüistas que tiveron unha influencia considerable nesta área, xa sexa directamente ou mediante a escola que promoveron, son Noam Chomsky, Edward Sapir e Richard Montague.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]