Graftgold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Graftgold
Logo
Tiponegocio
Data de fundación1983
Data de disolución1998
Fundador(es)Steve Turner
SedeReino Unido
PaísReino Unido
Na rede
http://www.graftgold.com/
editar datos en Wikidata ]

Graftgold Creative Software foi unha empresa de software que naceu nos anos 1980, produciu xogos de 8 bits.

A era Hewson[editar | editar a fonte]

Graftgold creouse en 1983 cando Steve Turner decidiu renunciar ao seu traballo formal de programador e concentrarse en crear videoxogos. Cando se deu conta de que a tarefa era demasiado grande para unha soa persoa contratou ao seu amigo Andrew Braybrook para traballar con el. Despois dunha breve tempada desenvolvendo xogos para a plataforma Dragon, dirixiu os seus esforzos cara ao mercado máis lucrativo do Commodore 64 e do ZX Spectrum.

O pronto éxito de Grafgold debeuse en boa medida á súa asociación con Hewson Consultants. Creada por Andrew Hewson a principios dos oitenta, Hewson Consultants converteuse nun dos meirandes e máis exitosos editores de xogos no Reino Unido. Mientras moitos editores de entón se apoiaban noutras grandes compañías para manufacturar os seus produtos, Andrew Hewson tiña a súa propia planta para a duplicación de casetes, o que lle dou moita flexibilidade para responder ás tendencias do mercado. Finalmente, Hewson foi comprada no ano 1991 por 21st Century Entertainment , pero deixou un legado que inclúe unha boa parte de videoxogos clásicos de 8 e 16 bits. Moitos dos xogos máis famosos de Graftgold foron publicados por Hewson, entre os que están Paradroid, Stormlord, Uridium, Quazatron e Ranarama.

A era Telecomsoft[editar | editar a fonte]

Cara finais da década de 1980, Hewson Consultants estaba sufrindo dificultades financeiras. Dous dos seus programadores, Dominic Robinson e John Cumming, deixaron a compañía e uníronse a Graftgold. Steve Turner decidiu que o mellor para Graftgold sería buscar outro editor, entón separaronse de Hewson e asinaron con Telecomsoft, a división de software de British Telecom.

Hewson no se conformou coa marcha do seu mellor aliado, sobre todo porque Graftgold debía entregar dous títulos moi esperados no mercado: Magnetron (de Steve Turner, para ZX Spectrum) e Morpheus (por Andrew Braybrook, para Commodore 64). Graftgold argumentou que debido a que eles xa non tiñan contrato con Hewson, era completamente legal buscar outro editor. Hewson non puido soster nos tribunais a súa posición e chegou a un acrdo extraxudicial con Telecomsoft.

A relación de Graftgold con Telecomsoft foi moi curta, e deu como froito só uns poucos xogos. O máis exitoso desta era foi Rainbow Islands, unha conversión case perfecta do clásico de Taito de 1987, para Spectrum, C64 e Amstrad CPC en 1989. Debido a problemas contractuais, as versións de Amiga e Atari ST do Rainbow Islands foron publicadas por Ocean Software en 1990.