Gothmog (orco)
| Gothmog | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Gothmog é o nome dunha personaxe da novela O Señor dos Aneis, do escritor británico J. R. R. Tolkien.
Características
[editar | editar a fonte]Era un lugartenente de Minas Morgul, era o segundo ao mando do exército de Mordor na Batalla dos Campos de Pelennor, detrás do Rei Bruxo de Angmar, xa que logo, trala morte deste, Gothmog tomou o mando.
Gothmog enviou ao combate máis tropas dende Osgiliath e conseguiu que a batalla se inclinase a favor das tropas de Mordor. Cando Aragorn chegou nos barcos dos Corsarios con reforzos, as tropas de Gothmog foron vencidas.
Adaptación cinematográfica
[editar | editar a fonte]Na película The Lord of the Rings: The Return of the King, Gothmog é un orco rosado. Na Batalla dos Campos de Pelennor monta a un lobo de Isengarda. No filme, Gothmog é o principal líder da Batalla, xa que o Rei Bruxo de Angmar estaba na besta alada. Na película é un orco, con todo, dise que podería ser un Nazgûl.