Gorizont
Gorizont (significando "horizonte") foi un sistema de satélites de comunicacións civís rusos en órbita xeoestacionaria. O primeiro satélite foi lanzado coa misión exclusiva de dar cobertura aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova, aínda que non chegou á órbita xeoestacionaria por un problema do seu foguete lanzador. Lanzáronse un total de 33 satélites Gorizont, dos cales 3 non chegaron a dar servizo.[1][2][1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Gorizont usaban o bus KAUR-3. Tiñan unha masa duns 2300 kg cada un e usaban paneis solares para producir ata 1280 W de potencia. O seu tempo estimado de vida era de 3 anos en órbita e cada un usaba seis transpondedores en banda C e un en banda Ku. Estabilizábanse nos tres eixos e podían transmitir telefonía, telégrafo, fax, televisión e radio. Tamén daban soporte a comunicacións marítimas e internacionais en frecuencias de entre 1,5 e 1,6 GHz. Co tempo o sistema Gorizont integrouse co sistema ruso unificado de satélites de comunicacións YeSSS. Tres dos satélites Gorizont, situados nunha posición orbital asignada a Tonga, foron alquilados pola compañía estadounidense Rimsat para dar servizo á zona, co que Gorizont 17 pasou a denominarse Tongastar 1 e Gorizont 29 e 30 foron logo coñecidos como Rimsat 1 e 2. Estes dous últimos á súa vez ás empresas PASI e AsiaSat e finalmente ambos a LMI. Tódolos Gorizont foron lanzados mediante foguetes Proton K/DM, Proton K/DM-2 e Proton K/Briz-M.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
|---|---|---|---|
| Gorizont 1 | 19 de decembro de 1978 | Proton K/DM | Fallo parcial |
| Gorizont 2 | 5 de xullo de 1979 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 3 | 28 de decembro de 1979 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 4 | 14 de xuño de 1980 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 5 | 15 de marzo de 1982 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 6 | 20 de outubro de 1982 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 7 | 30 de xuño de 1983 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 8 | 30 de novembro de 1983 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 9 | 22 de abril de 1984 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 10 | 1 de agosto de 1984 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 11 | 18 de xaneiro de 1985 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 12 | 10 de xuño de 1986 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 13 | 18 de novembro de 1986 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 14 | 11 de maio de 1987 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 15 | 18 de xaneiro de 1988 | Proton K/DM-2 | Fallo |
| Gorizont 15 | 31 de marzo de 1988 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 16 | 18 de agosto de 1988 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 17 (Tongastar 1) | 26 de xaneiro de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 18 | 5 de xullo de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 19 | 28 de setembro de 1989 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 20 | 20 de xuño de 1990 | Proton K/DM | Éxito |
| Gorizont 21 | 3 de novembro de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 22 | 23 de novembro de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 23 | 1 de xullo de 1991 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 24 | 23 de outubro de 1991 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 25 | 2 de abril de 1992 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 26 | 14 de xullo de 1992 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 27 | 27 de novembro de 1992 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 28 | 27 de maio de 1993 | Proton K/DM-2 | Fallo |
| Gorizont 28 | 28 de outubro de 1993 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 29 (Rimsat 1, PASI 1, LMI-AP 1) | 18 de novembro de 1993 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 30 (Rimsat 2, AsiaSat G, LMI-AP 2) | 20 de maio de 1994 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 31 | 25 de xaneiro de 1996 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 32 | 25 de maio de 1996 | Proton K/DM-2 | Éxito |
| Gorizont 33 | 6 de xuño de 2000 | Proton-K Briz-M | Éxito |