Gonzalo Canedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Canedo
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Cerceda, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2013 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Canedo Ríos, nado no Campo da Feira (Cerceda) en 1955 e finado en Barcelona o 14 de xaneiro de 2013, foi un editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de doce irmáns, aos cinco anos trasladouse a vivir coa familia á Coruña. Con 18 anos comezou a traballar no sector editorial, primeiro como comercial de Círculo de Lectores e logo dirixindo proxectos en distintas casas de publicación de España. Chegou a ser director comercial do grupo Bertlesmann en España. En 1992 trasládase a vivir a Barcelona.

En 2009 funda Libros del silencio, coa que publicou novela e ensaio. Entre os seus libros estivo Elisa y Marcela, de Narciso de Gabriel.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi o home do actor e dramaturgo catalán Lluís Pasqual. Faleceu como consecuencia dun linfoma[1].

Notas[editar | editar a fonte]