Gonzalo Adrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de setembro de 2015 ás 15:33 por Norrin strange (conversa | contribucións)

Gonzalo Adrio Barreiro, nado en Pontevedra o 1 de outubro de 1919, é un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de José Adrio Mañá e irmán de José Adrio Barreiro, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicou a súa vida ao exercicio da avogacía e ao estudo do Dereito Civil Galego. Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1970. Foi presidente do Partido Socialista Popular de Galicia, tras ingresar no Partido dos Socialistas de Galicia foi parlamentario autonómico entre 1985 e 1989, encabezou a lista do PSdeG ó concello de Pontevedra en 1987. No ano 2004 editou un libro de memorias, Sin odio, sin rencor, pero el recuerdo vivo. Especialista na memoria histórica e na recuperación dos falecidos durante a guerra e a represión franquista.

En 2003 recibiu o premio honorífico Cidade de Pontevedra outorgado polo Concello de Pontevedra "pola súa traxectoria vital na loita pola recuperación da memoria histórica, exemplo de honestidade e entrega comprometida co noso tempo e coa nosa terra, no que se personalizan os valores democráticos e de solidariedade".

Véxase tamén

Bibliografía