Goma 2 nace en Portonovo, inicialmente co nome de Os Vieiras como grupo de gaitas, e despois chamáronse Brebaxe como grupo de verbenas, a mediados dos anos 70. Os seus inicios estiveron caracterizados por ser abreconcertos de Miguel Ríos en Ponteareas e de Triana en Pontevedra e Noia, así como por encabezar o cartel do Porto Rock Novo.
En 1979 trasládanse a Madrid e gravan o seu único álbum, Goma 2. Este disco, integramente en galego, pódese considerar histórico xa é un dos que marca o inicio do rock galego, comezando a usar a gaita combinada con guitarras eléctricas para facer rock.
Pouco despois e por diversos motivos (servizo militar dos integrantes, discrepancias coa discográfica...) o grupo disolveríase.