Saltar ao contido

Gloria Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGloria Méndez
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, tradutora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1297476 BUSC: mendez-gloria-1969

Gloria Méndez Seijido[1], nada en Ferrol en 1969, é unha escritora e tradutora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cando era nena marchou cos pais emigrada, primeiro a Guinea Ecuatorial e logo a Barcelona. Licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Barcelona, e despois continuou os seus estudos na universidade de París 8, onde fixo un posgrao en Xestión cultural e Fotografía, e na Universidade Aberta de Cataluña, onde fixo un mestrado en Recursos humanos.

Ademais de en París, tamén viviu en México, os Estados Unidos, Kampala[1] e Gran Bretaña. En 2008 vivía en Barcelona. Profesionalmente dedícase ao desenvolvemento persoal, e ten unha empresa diso[2]. Preside a Asociación Catalá de Coaching.

  • O informe Kristeva (novela, 1997)
  • La verdadera historia de Sara James (novela, 2004)
  • Juan, el arbolito viajero, y otros cuentos (narrativa infantil, 2006).

Traducións

[editar | editar a fonte]

Ten unha extensa carreira como tradutora ao español. Entre as obras que verqueu atópase Little Women, a novela de Louisa May Alcott.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ten dúas fillas e un fillo[2].

  1. 1,0 1,1 "CV de Gloria Méndez". Gloria Méndez (web persoal). Arquivado dende o orixinal o 05/07/2014. Consultado o 22/3/2018. 
  2. 2,0 2,1 Coruña, La Opinión de A. "Gloria Méndez: ´Enseñamos a hacer más con menos esfuerzo´ - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2018-03-23.