Gloria Cámara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1939 (85 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua castelá |
Gloria Cámara Rubio, nada en Vigo o 2 de abril de 1945[1], é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou peritaxe mercantil, mais a súa actividade artística iniciouse diante das cámaras de Televisión Española, da man de Fernando García de la Vega no programa musical Escala en hi-fi, desde 1961. A popularidade alcanzada permitiulle intervir noutros espazos da cadea pública como Teledomingo (1963), La tortuga perezosa (1963) ou Escuela de maridos (1964), con Elvira Quintillá.
Dende mediados dos setenta, centrou a súa carreira na dobraxe. Pon voz aos personaxes femininos nas series de debuxos animados D'Artacán y los tres mosqueperros (1982) e La vuelta al mundo de Willy Fog (1984) nas versións en lingua castelá, así como as voces das actrices Cybill Shepherd e Jacqueline Bisset.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Academia de voz Gloria CámaraArquivado 14 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)