Glauco de Rexio
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V a. C. Rhegion |
| Morte | século IV a. C. |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, poeta, historiador da música |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Glaukos 36) Descrición de Grecia, (sec:5.27.8) |
Glauco de Rexio (en grego antigo Γλαῦκος, en latín Glaucus) foi un poeta e músico grego nado en Rexio, ás veces considerado simplemente itálico, que escribiu unha obra titulada σύγγραμμά τι περὶ τῶν ἀρχαίων ποιητῶν τε καὶ μουσικῶν sobre os poetas e músicos antigos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dióxenes Laercio cita as súas opinións sobre Empédocles e Demócrito, e di que era contemporáneo de Demócrito. A súa obra tamén foi atribuída ao orador Antifonte, segundo Plutarco[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 4.Glaucus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 276