Giuseppe Baretti
Giuseppe Baretti | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Aristarco Scannabue e Severo Fuggitivo |
Nacemento | 24 de abril de 1719 e 1719 |
Lugar de nacemento | Turín |
Falecemento | 5 de maio de 1789 e 1789 |
Lugar de falecemento | Londres |
Ocupación | lexicógrafo, poeta, dramaturgo, tradutor, crítico literario e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Giuseppe Marc'Antonio Baretti, nado en Turín en 1719 e finado en Londres en 1789, foi un escritor e crítico italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos dezaseis anos traballa como empregado dunha casa comercial en Guastalla ao tempo que estuda historia e literatura baixo a guía do escritor Carlo Cantoni. A súa carreira literaria comeza coa tradución das obra de Pierre Corneille. Viaxa a Londres onde se instala traballando como secretario da Royal Academy of Painting, e fai amizade con Samuel Johnson, Garrick, Burke e Reynolds.
En 1757 publica Italian Library, un catálogo de autores e obras italianas. En Lettera famigliari recolle as súas viaxes por España, Portugal e Francia entre 1761 e 1765.