Gilberto Suárez Méndez
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2013.) |
Gilberto Suárez Méndez | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1936 |
Lugar de nacemento | Ribadeo |
Falecemento | 11 de xuño de 2012 |
Lugar de falecemento | Ribadeo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gilberto Suárez Méndez, nado en Ribadeo o 31 de xullo de 1936 e finado na mesma vila o 11 de xuño de 2012, foi un xornalista, político e dinamizador cultural galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante moito tempo participou activamente e dirixiu diversas sociedades, como Amigos da Gaita, Sociedade Filantrópico-Dramática, La Concordia, Ribadeo FC, Amadores da Música, Asociación de Ex-alumnos Menesianos, Peña Madridista (da que tiña o carné nº 1) ou Cáritas.

No eido literario, foi correspondente de El Progreso durante nove anos, pasando logo a escribir en A Mariña, o suplemento comarcal do xornal. No semanario local La Comarca del Eo mantivo durante máis dunha década unha presenza semanal, dando información, comentado deportes ou pedindo melloras.
Animou e encargouse das festas de Ribadeo e do Entroido ribadense dende as comisións correspondentes dúas ducias de veces, dende os anos oitenta ata o seu falecemento.
Participou asemade na política local, sendo concelleiro polo PSdeG-PSOE un mandato.[cando?]
As súas actividades en pro de Ribadeo abrangueron os máis diversos campos, sendo representante da agrupación Follas Novas na súa xira arxentina (1985).
Fóille adicado o libro do antroido 2013 en Ribadeo, no que aparece na portada nunha reprodución a carboncillo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Iglesias, José Antonio, Méndez Lombardero, Benjamín e Suárez Méndez, Gilberto (2010). Os cocos de Ribadeo. Concello de Ribadeo - Deputación de Lugo. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020.