Gilbert e Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gilbert and Sullivan»)
W. S. Gilbert
Arthur Sullivan

Gilbert e Sullivan é a forma habitual como se coñece a colaboración artística entre o libretista W. S. Gilbert (1836-1911) e o compositor Arthur Sullivan (1842-1900), en plena época vitoriana. Xuntos escribiron catorce operetas entre 1871 e 1896, das que H.M.S. Pinafore, The Pirates of Penzance e The Mikado son as máis coñecidas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gilbert e Sullivan coñecéronse en 1869.[2] Dous anos máis tarde, Gilbert e Sullivan escribiron a súa primeira obra xuntos. Foi o produtor Richard D'Oyly Carte quen os reuniu e fomentou a súa colaboración.[3] En 1881 construíu o teatro Savoy para presentar a súa obra conxunta —que chegou a ser coñecida coa expresión "óperas do Savoy"— e fundou a compañía de ópera D'Oyly Carte, que interpretou e divulgou as súas obras durante case un século.

A relación de traballo de Gilbert e Sullivan ás veces era tensa, en parte debido a que cada un vía a súa obra sometida á do outro e en parte porque tiñas personalidades opostas: Gilbert era susceptible, mentres que Sullivan evitaba o conflito.[4][5] Ademais, Gilbert incluía nos seus libretos situacións do mundo posto do revés, coa orde social totalmente alterada; ao cabo do tempo, estes temas entraban en conflito coa arela de Sullivan de realismo e contención emocional.[6][7] Tamén entraban en conflito a sátira política que Gilbert facía dos ricos e poderosos aos que, polo contrario, Sullivan buscaba como mecenas.[8][9][10]

Despois de Ruddigore, Sullivan pediu desfacer a colaboración, dicindo que atopaba as tramas de Gilbert repetitivas e que as operetas non lle resultaban satisfactorias. Porén, a relación de traballo continuou.[3] Durante a produción de The Gondoliers produciuse unha discusión co produtor respecto aos custos, e Sullivan púxose do lado deste, que estaba a construír un teatro en Londres para a produción de novas óperas en inglés, con Ivanhoe, de Sullivan como obra inaugural. Gilbert e Sullivan comezaron a traballar con outras persoas. En 1891, tras moitos intentos fracasados de reconciliación entre a parella e o seu produtor, Richard D'Oyly Carte, o editor musical de Gilbert e Sullivan, Tom Chappell, mediou entre dous dos seus artistas máis proveitosos e tivo éxito.[11]

Logo do fracaso da obra The Grand Duke (1896), non viron motivo para continuar a colaborar. Sullivan, xa enfermo, faleceu catro anos despois.

Características[editar | editar a fonte]

Gilbert, autor dos libretos, creou "mundos ao revés", en inglés topsy-turvy, para estas óperas, onde cada situación absurva é levada á súa conclusión lóxica: facas relacionándose con lords británicos, flirtear é un crime que merece a pena capital, os gondoleiros ascenden á monarquía e os piratas resultan ser nobres descarreirados.[12] Sullivan, sete anos máis novo que Gilbert, compuña a música, contribuíndo con melodías memorables[13] que podía transmitir tanto humor como pathos.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davis, Peter G (21 de xaneiro de 2002). "Smooth Sailing". New York Magazine (en inglés) (Nova York). Consultado o 6 de novembro de 2007. 
  2. Crowther, Andrew. Ages Ago—Early Days. Arquivado 13 de agosto de 2011 en Wayback Machine. The Gilbert and Sullivan Arquivo da Universidade Estatal de Boise, consultado o 21-05-2007.
  3. 3,0 3,1 Crowther, Andrew (28 de xuño de 1997). "The Carpet Quarrel Explained" (en inglés). The Gilbert and Sullivan Archive. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 6 de novembro de 2007. 
  4. Stedman 1996, pp. 254-56 e 323-24
  5. Ainger 2002, pp. 193-94
  6. Ainger 2002, p. 288
  7. Wolfson 1976, p. 3
  8. Jacobs 1986, p. 73
  9. Crowther, Andrew, The Life of W.S. Gilbert. Arquivado 13 de maio de 2008 en Wayback Machine. The Gilbert and Sullivan Archive na Universidade Estatal de Boise, consultado o 21-05-2007
  10. Bond, Jessie, The Reminiscences of Jessie Bond: Chapter 16. The Gilbert and Sullivan Archive na Universidade Estatal de Boise, consultado o 21-05-2007
  11. Wolfson 1976, p. 7.
  12. Leigh, Mike (4 de novembro de 2007). "True anarchists". The Guardian (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2007. 
  13. Sir George Grove: «Parece posuír a forma e a simetría por instinto; o ritmo e a melodía cobren todo o que toda; a música amosa non só un xenio simpático, senón siso, xuízo, proporción e unha completa ausencia de pedantería e pretensións; mentres que a orquestración se distingue por unha beleza feliz e orixinal rara vez superada polos grandes mestres». "Arthur Sullivan 1842–1900". The Musical Times (en inglés). decembro de 1900. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 6 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]