Saltar ao contido

Giacun Hasper Muoth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiacun Hasper Muoth

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1844 Editar o valor en Wikidata
Breil/Brigels, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Coira, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Giacun Hasper Muoth, nado o 29 de setembro de 1844 en Breil e finado o 6 de xullo de 1906 en Cuira, foi un historiador, escritor e poeta romanche sursilvan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea da rexión de Surselva, fillo de Gion Mattiu Muoth e de Maria Monica Cristgina, granxeiros. Entre 1859 e 1860 foi á escola de Feldkirch no Tirol. No curso seguinte estudou na Cuira e no de 1861/62 na abadía de Mustér. Nesta época descubriu o seu interese pola poesía, conservándose un anaco dun poema en alemán. De 1862 a 1865 realizou estudos no instituto de Schwyz e de 1865 a 1867 en Friburgo. Estudou tamén durante un tempo en Lausanne. O inverno de 1867/68 pasouno na súa localidade natal, e comezou escribiu a epopea longa Rhätus e o drama Jörg de Jörgenberg.

No outono de 1868 marchou a Múnic para estudar na súa universidade, e alí permaneceu ata o outono de 1873. Esa época formativa e os seus profesores marcaráno fondamente. Para alimentarse e pagar o alugueiro deu clases privadas. En 1872 deuse a coñecer cunha obra lírica de temática rural,  Las spatlunzas que publicou na revista sursilvana Ligia Grischa.

Memorial dedicado a Giachen Casper Muoth

Volta aos Grisóns

[editar | editar a fonte]

En 1873 volveu de Múnic, logrou un posto de profesor de historia e linguas clásicas na escola cantonal de Cuira e a partir de 1895 ensinou tamén lingua romanche. Nos anos seguintes centrouse nos estudos históricos e publicou en alemán varios traballos de grande importancia, como Zwei sogenannte Ämterbücher des Bistums Chur aus dem Anfang des 15. Jahrhunderts (1898), ou unha obra fundamental para a historia dos Grisóns e particularmente da Surselva, Churrätien in der Feudalzeit (1902). 

Manuscrito orixinal de Stai si!, defenda

Tamén se dedicou ao cultivo da lingua romanche a á poesía. Tras Las Spatlunzas publicou coleccións ambientada na vida da montaña como Il Gioder (1886) ou A mesiras (1896) pero tamén outras coa historia dos Grisóns como inspiración[1] como Igl eremit s. Sigisbert, La vusch da s. Gliezi, Il tiran Victor ou La vendetga dils Grischs. De 1882 é La dertgira nauscha da Valendau (1450). É un poema épico no que canta a vitoria da Liga Gris sobre os señores da Liga Negra. A súa obra capital é Il Cumin d'Ursèra[2] que representa un verdadeiro e propio poema épico, con varias cadencias métricas, que evoca un episodio de 1425, trasformando coa fantasía lendaria a realidade histórica.

Giacun Hasper Muoth foi un fervente defensor do romanche e un dos fundadores da Societad Retorumantscha da que foi vicepresidente ata a súa morte e un dos máis importantes colaboradores das  Annalas. En 1887 publicou no segundo tomo das Annalas unha das súas poesías máis coñecidas Al pievel romontsch, na que chama os seus compatriotas romanches a mudar a situación que vivía a lingua e que principia cos versos Stai si! defenda / Romontsch tiu vegl lungatg! (Érguete!, romanche,/ defende a túa antiga lingua). Entre 1994 e 2000 publicáronse en seis volumes as súas obras en romanche.

  1. "Muoth, Giacun Hasper" Lexicon Istoric Retic
  2. "Muoth Giacun Hasper" Arquivado 21 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Bibliomedia