Get a Grip

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Get a Grip
Álbum de Aerosmith
Publicado20 de abril de 1993
Gravacióndecembro de 1991 - xaneiro de 1993
Estudio(s)Little Mountain Sound Studio, Vancouver e A&M Studios, Los Angeles
Duración64:12 (versión orixinal)
67:42 (versión internacional)
Xénero(s)hard rock, blues-rock
Selo(s)Geffen Records
Producido porBruce Fairbairn
Cronoloxía
Pump Get a Grip Nine Lives

Get a Grip é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de hard rock Aerosmith, editado o 20 de abril de 1993. Foi o seu derradeiro álbum de estudio co selo Geffen Records.

Catro dos seus sinxelos entraron no Top 40 da lista Billboard Hot 100 entre 1993 e 1994: "Livin' on the Edge", "Eat the Rich", "Cryin'", "Amazing" e "Crazy". Os videoclips promocionais das tres últimas cancións axudaron a lanzar as carreiras das actrices Alicia Silverstone e Liv Tyler, filla do vocalista da banda Steven Tyler. A pesar de non ser editado coma sinxelo, o tema "Line Up" apareceu na película de 1994 Ace Ventura: Pet Detective.

En Get a Grip participan músicos coma Don Henley, que canta en "Amazing", e Lenny Kravitz, que colabora facendo coros en "Line Up". Ao igual que nos álbums Permanent Vacation e Pump, moitas das cancións contaron coa colaboración de persoas alleas á banda á hora de ser compostas. Estes músicos son: Desmond Child, Jim Vallance, Mark Hudson, Richie Supa, Taylor Rhodes, Jack Blades e Tommy Shaw.

Get a Grip converteuse no álbum de Aerosmith con mellores vendas en todo o mundo, acadando uns 20 millóns de copias, e trátase do seu terceiro álbum consecutivo en vender máis de 5 millón nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Intro"  Steven Tyler, Joe Perry, Jim Vallance 0:23
2. "Eat the Rich"  Tyler, Perry, Vallance 4:13
3. "Get a Grip"  Tyler, Perry, Vallance 4:02
4. "Fever"  Tyler, Perry 4:18
5. "Livin' on the Edge"  Tyler, Perry, Mark Hudson 6:25
6. "Flesh"  Tyler, Perry, Desmond Child 6:00
7. "Walk on Down"  Perry 3:41
8. "Shut Up and Dance"  Tyler, Perry, Jack Blades, Tommy Shaw 4:59
9. "Cryin'"  Tyler, Perry, Taylor Rhodes 5:12
10. "Gotta Love It"  Tyler, Perry, Hudson 6:02
11. "Crazy"  Tyler, Perry, Child 5:17
12. "Line Up" (featuring Lenny Kravitz)Tyler, Perry, Lenny Kravitz 4:05
13. "Amazing"  Tyler, Richard Supa 6:01
14. "Boogie Man" (Recorded by Tony Lentini)Tyler, Perry, Vallance 2:20
1:01:33
Versión internacional
N.º TítuloEscritor(es) Duración
13. "Can't Stop Messin'"  Tyler, Perry, Blades, Shaw 3:30
14. "Amazing"  Tyler, Richard Supa 5:56
15. "Boogie Man" (Recorded by Tony Lentini)Tyler, Perry, Vallance 2:16
1:05:03