Germán Fernández Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Germán Fernández Fraga, nado en Vigo, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi redactor de Faro de Vigo, publicou algunhas colaboracións en La Zarpa e El Progreso, dirixiu o semanario humorístico Carnaval que apareceu en abril de 1924[1], e desde 1926 foi redactor de El Pueblo Gallego onde publicou colaboracións na páxina "América". Emigrou a Uruguai nos anos vinte, e colaborou en periódicos do Uruguai e a Arxentina como El Diario Español de Buenos Aires e a revista Céltiga. Desde a proclamación da República, fixo unha intensa propaganda antirepublicana na prensa. Foi xerarca da Falange en Montevideo[2]. Colaborou con Manuel Arís Torres no guión da súa película Tierra de nuestros mayores, coprodución do Uruguai e a Arxentina estreada en 1960. Foi presidente do Club Español de Montevideo (1973-1974).[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Dictaduras y revoluciones. Comentario político, 1930.
- España. Pueblos, caminos, arte y paisaje, 1934.
- España y su rumbo. Recopilación de una tarea sobre la guerra de España, 1939.
- Contra-figura de José Antonio de Aguirre, 1941.
- Casi-conversación con el señor Eduardo Rodríguez Larreta, 1942.
- Romance de las carabelas del aire, 1947.
- Romances del Uruguay y de Ansina, 1948.
- Carta que desea llegar hasta Mr. Harry S. Truman utilizando el correo cierto de la historia, 1952.
- Juana de Ibarbourou, o el milagro del verso, 1959.
- Física espiritual de España. El hombre, el paisaje, la tierra, 1963.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Montevideo con María Celina Táboas Fassanor en 1930.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 10-4-1924, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1941, p. 2.
- ↑ "Nómina de presidentes". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2017. Consultado o 09 de novembro de 2017.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-5-1930, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Comas Vieytes, E. (1961). Enfoques sobre el escritor español Germán Fernández Fraga. Montevideo: Goes.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Fernández Fraga, Germán". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 2. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 49.