Carnaval (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carnaval
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Carnaval foi un semanario editado en Vigo en 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario humorístico que apareceu o 10 de abril de 1924.[1] Dirixido por Germán Fernández Fraga. Entre os seus colaboradores figuraban José Signo, Taxos, Ricardo Trillo, Primitivo Coca, E. Varela de Guzmán e o propio Germán Fernández. Publicaba fotogravados e caricaturas de Ventura Requejo, Temes e Manfredo García. Aparecía os xoves.[2] Deixou de editarse ese mesmo mes de abril.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-4-1924, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 25-4-1924, p. 4.