Gerardo Suero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerardo Suero
Sen equipo
Información persoal
Nacemento 20 de abril de 1989 (35 anos)
Santo Domingo, RD
Nacionalidade República Dominicana
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
Instituto Our Savior NAS (Nova York)
Universidade Career TI (2009–2010)
Albany (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Elección: Sen draftear
Internacional República Dominicana
Carreira desde 2012
Historial de equipos
Titanes del Licey (2012)
Guaros de Lara (2013)
Titanes del Licey (2014)
Academia de la Montaña (2014)
Guaiqueríes de Margarita (2014−2015)
Leones de Santo Domingo (2015)
CB Breogán (2015)
Premios e galardóns
1× MVP da LNB (2014)
1× Rookie do Ano da LNB (2012)
1× 1º Equipo da AEC da NCAA (2012)
1× Medalla de Ouro Centrobasket (2012)

Ángel Gerardo Suero Castillo, máis coñecido como Gerardo Suero, nado o 20 de abril de 1989 en Santo Domingo, é un xogador profesional de baloncesto internacional dominicano actualmente sen equipo. Xoga nas posicións de escolta e ala cunha altura de 1,93 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio de Villa Juana de Santo Domingo, Suero deixou o seu país natal en febreiro de 2007 para morar nos Estados Unidos. Alí, acudiu ao instituto "Our Savior New American School" de Centereach, Nova York. No seu último ano no equipo de baloncesto do centro fixo unha media de 33,1 puntos e 9,7 rebotes por partido.[1]

Universidade[editar | editar a fonte]

Tras acabar o instituto, Suero xogou durante dúas tempadas no equipo do Career Technical Institute da Nova York. Na súa primeira temporada (2009−10), fixo unha media 21,4 puntos, 11,7 rebotes e 2,2 asistencias por partido, pasando a ser elixido no mellor quinteto da Rexión XV.[1] Despois da súa segunda tempada, uniuse aos Albany Great Danes da America East Conference da NCAA I. Na súa única tempada cos "Great Danes" (2011−12), Suero foi nomeado no mellor quinteto da Conferencia, despois de ser elixido xogador da semana catro veces.[1] En 32 partidos (30 como titular), fixo unha media de 21,5 puntos, 5,8 rebotes, 3,1 asistencias e 1,3 roubos en 31,7 minutos por partido.[2] Tamén consegiu facer cifras dobres en 31 partidos, conseguindo 20 ou máis puntos en 21 ocasións.

En abril de 2012, declarouse elixíbel para o Draft da NBA, renunciando ao seu último ano universitario.[3]

Profesional[editar | editar a fonte]

Despois de non ser elixido no Draft de 2012, asinou cos Titanes del Licey da Liga Nacional de Baloncesto da República Dominicana. O 20 de xullo de 2012, fixo o seu debut como profesional contra os Cañeros del Este, con 10 puntos, 5 rebotes, 2 asistencias e 3 roubos. O 3 de agosto de 2012, Suero rexistrou o seu mellor partido da tempada ao anotar 37 puntos contra os Reales de La Vega, xunto con 8 rebotes, 3 asistencias e 3 roubos. Terminou a tempada regular cunha media 16,9 puntos, 4,6 rebotes e 1,4 asistencias en 23,9 minutos por partido. Grazas ao seu rendemento, foi elixido Novato do Ano da LNB. Con Suero, os Titanes lograronclasificarse para os playoffs, aínda que foron eliminados nas semifinais contra os Indios de San Francisco de Macorís por 3-1.

En 2014 é nomeado MVP da Liga tras facer unha media de 25,5 puntos por partido, liderando ao seu equipo á final da competición, onde perde por 4-2 contra os Metros de Santiago. A mediados de 2015 asinou cos Leones de Santo Domingo, onde consegue facer unha media de 22,8 puntos, 4,3 rebotes e 2,2 asistencias por partido. O 8 de novembro de 2015 abandona por primeira vez América, para xogar en Europa co Club Baloncesto Breogán da Liga LEB. Con todo, o 21 de decembro é cortado polo club.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Gerardo Suero Bio". UAlbanySports.com (en inglés). 2011. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  2. "Gerardo Suero Stats". Sports-Reference.com (en inglés). 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  3. "Gerardo Suero deja la NCAA y va a draft de NBA". DiarioLibre.com (en castelán). 25 de abril de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]