Gerardo Fentanes Portela
Gerardo Fentanes Portela | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1887 |
Lugar de nacemento | Cerdido |
Falecemento | 10 de xuño de 1944 |
Lugar de falecemento | Bordeos |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gerardo Fentanes Portela, nado en Cerdido en 1887 e finado en Bordeos (Francia) o 10 de xuño de 1944, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Tinéu, Lalín, Úbeda e Sevilla e maxistrado da Audiencia Territorial de Sevilla. Militante de Acción Republicana, en maio de 1932 foi nomeado gobernador civil de Xaén, e en novembro dese ano da Coruña, posto no que permaneceu ata setembro de 1933. Foi maxistrado do Tribunal Supremo ata o final de Guerra civil. Exiliouse en Francia, onde morreu en 1944.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Santiago de Compostela con Laura Merino Simón en xuño de 1911.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Correspondencia Gallega, 17-6-1911, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández Santander, Carlos (2000). Do Castro, ed. Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada. ISBN 84-7492-953-9.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 20 de abril de 2011.